Sunday 12 de May de 2024

Neda segue a apoiar a natalidade con axudas municipais por novos nacementos ou adopcións


As familias teñen tres meses dende a alta censal do menor para pedir o denominado “cheque 300”

O Concello de Neda lembra ás familias que segue aberto o seu programa de axudas, dirixido aos proxenitores nedenses que inscriban no padrón municipal aos seus fillos/as nacidos ou adoptados no ano 2023.Trátase dunha subvención de pago único por importe de 300 euros ou de 600 euros, no caso de menores con discapacidade.

Apuntan dende o departamento de Servizos Sociais que no que vai de ano un total de seis familias solicitaron este apoio económico municipal, co que o Concello dá abenvida aos novos bebés nedenses, colaborando coas familias nos cuantiosos gastos aos que deben facer fronte nos primeiros meses de vida.

Explican que terán dereito ao denominado “cheque 300” pais/nais, empadroados no municipio cunha antigüidade mínima de seis meses, que o soliciten no prazo de tres meses tras a alta censal do menor.

Para recibir o cheque, é requisito indispensable que os proxenitores asinen un compromiso de manter o empadroamento en Neda durante un período mínimo de catro anos, co obxectivo así de facer efectiva a finalidade da axuda, que non é outra que contribuír a fixar poboación nova no municipio.